CÓDIGO DO PROCEDEMENTO IN422K

A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial a todos os efectos será a publicada na Resolución do 28 de outubro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras e anúnciase a convocatoria de axudas correspondentes ás anualidades 2021-2023  para os programas 4 e 5 de incentivos de autoconsumo e almacenamento de acordo coas bases reguladoras previstas no Real Decreto 477/2021 publicado no BOE número 155, do 30 de xuño de 2021 (código de procedemento IN422K). (DOG do 9 de novembro do 2021)

  • Programa de incentivos 4: realización de instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable no sector residencial, administración publica e no terceiro sector, con ou sen almacenamento.
  • Programa de incentivos 5: incorporación de almacenamento en instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable, xa existentes no sector residencial, administración pública e no terceiro sector.

 

Tamén se consideran actuacións subvencionables, dentro dos anteriores programas de incentivos, as instalacións illadas da rede non reguladas no Real Decreto 244/2019, do 5 de abril, polo que se regulan as condicións administrativas, técnicas e económicas do autoconsumo de enerxía eléctrica, realizadas nos sectores de aplicación de cada un deles.

A selección dos proxectos que recibirán axuda realizarase en réxime de concorrencia non competitiva, do que se fará publicidade na aplicación informática que se utiliza na xestión de axudas.